Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 – Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

– Listaxe nos módulos de grao medio
– Listaxe nos módulos de grao superior


Admisión. Ciclos e módulos formativos con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 29 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime para as persoas adultas

Modalidade distancia