O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115020 – DRONS NO SECTOR AGROFORESTAL E AGRICULTURA DE PRECISIÓN

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

Dar a coñecer aos alumnos os distintos tipos de RPAs/DRON ( vehiculo aéreo non tripulado) e as súas aplicacións no sector agroforestal, así como os distintos sensores que se poden utilizar.
Introdución nos métodos, equipamentos e aplicacións da agricultura de precisión.
Coñecer os distintos sistemas que existen na actualidade para o seu uso na agricultura de precisión, tanto dos sistemas de guiado, como dos distintos tipos de RPAs.
Analizar as vantaxes do uso das novas tecnoloxías na agricultura de precisión.
O futuro desta tecnoloxía no sector.

PROGRAMA:

RPAs/DRON (vehículo aéreo non tripulado) e as súas aplicacións no sector agroforestal.
Agricultura de precisión: introdución nos métodos, equipamentos e aplicacións da agricultura de precisión.
Sistemas para o seu uso na agricultura de precisión: Guiado, tipos de RPAs.
Análise das vantaxes do uso das novas tecnoloxías na agricultra de precisión.
O futuro desta tecnoloxía no sector.


Máis información no teléfono 881 881 043