Co fin de dar a coñecer o distintivo de Artesanía Alimentaria e promocionar estes produtos certificados, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza esta fin de semana o primeiro mercado de artesanía dirixido ao consumidor final.

«MERCA DELICADEZA» terá lugar en Lalín do 10,11 e 12 de marzo, na Praza de Igrexa, en horario de 10:00 h a 14:00 h; 16:00 h a 20:00 h.

Constará de 30 postos de venda ao público, onde as empresas participantes venderán produto certificado co distintivo de Artesanía Alimentaria coma: aceite, lácteos, conservas, embutidos, patés, té, especias, mermeladas, repostería, xeados, sidra, cervexa, mel…

Para dinamizar o mercado contarase cun programa de actividades variado: charlas técnicas e divulgativas, showcookings, obradoiros para adultos e nenos, concertos, sorteos de lotes de produtos,…