O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

TALLER TEMÁTICO SOBRE O EMPREGO DE MÁQUINAS E DE FERRAMENTAS EN CULTIVO ECOLÓXICO

Data: 25 – 26 – 27 – 29 de outubro de 2021
Horario: de 16:00 a 21:00
Lugar: CFEA de Guísamo (Lg. Bos, 14 – Guísamo – Bergondo)

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal