O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA: TÉCNICAS AVANZADAS DE TREPA

Data: 29 e 30 de setembro e 1 de outubro de 2021
Horario: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Lugar: CFEA de Guísamo (Lg. Bos, 14 – Guísamo – Bergondo)

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal