Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de CONTROL BIOLÓXICO EN CULTIVOS HORTÍCOLAS. IDENTIFICACIÓN E PROTECCIÓN DE FAUNA, cunha duración de 20 horas.

Datas e horario:

Do 28 de setembro ao 02 de outubro de 2020


Horario de impartición: de 09:30 a 13:30

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal