Nota: O Concello de Abegondo, conforme o convenio asinado coa Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia, selecciona o persoal que formará parte da brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2025. Durante os próximos 3 meses, baixo a supervisión do distrito forestal, as persoas traballadoras desenvolverán tarefas de vixiancia, de prevención e defensa contra os incendios forestais no territorio municipal.