![](https://cfeaguisamo.org/wp-19/wp-content/uploads/2020/09/FC2020F115026_-1210x642.png)
Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de CONVIVENCIA E PREVENCIÓN DE ATAQUES DE LOBO Á GANDERÍA, cunha duración de 8 horas.
Datas e horario:
Calendario: 30 de outubro de 2020
Horario de impartición: de 09:30 a 13:30 e de 15:00 a 19:00
Lugar: CFEA de Guísamo
Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal