Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de INICIACIÓN AO MANEXO DO PROGRAMA DE DESEÑO POR ORDENADOR GOOGLE SKETCH UP, cunha duración de 20 horas.

Datas e horario:

2, 5, 9, 10 e 12 de novembro de 2020


Horario de impartición:

de 16:00 a 20:00

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal