Ciclo formativo de Grao Medio de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.

 MÓDULOS 
1º curso  2º curso 
Fundamentos agronómicos.
Taller e equipamentos de tracción.
Infraestruturas e instalacións agrícolas.
Principios de sanidade vexetal.
Implantación de xardíns e zonas verdes.
Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro.
Formación e orientación laboral.
Control fitosanitario.
Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes.
Composicións florais e con plantas.
Establecementos de floraría.
Técnicas de venda en xardinaría e floraría.
Empresa e iniciativa emprendedora.
Formación en centros de traballo (FCT).

DURACIÓN

dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.

TITULACIÓN: Técnico/a en Xardinaría e Floraría

SAÍDAS PROFESIONAIS

Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.

Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.

Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.


Suplemento Europass

O Suplemento Europass é un documento adxunto a un Título oficial de Formación Profesional, destinado a facilitar a comprensión a terceiros, en particular a empleadores ou institucións doutro país, do significado do Título en términos das competencias adquiridas polo titular.

O Suplemento Europass non é un sustituto do título oficial senon un complemento informativo en inglés.

Podes obter máis información sobre o suplemento Europass nesta ligazón da web TODOFP do Ministerio de Educación e Formación Profesional