Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de EXALTACIÓN DA CASTAÑA, cunha duración de 8 horas.

Datas e horario:

Calendario: 16 e 17 de novembro de 2020
Horario de impartición: de 16:00 a 20:00

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal