Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de TALLER TEMÁTICO SOBRE SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA, MANTEMENTO BÁSICO DA MOTOSERRA, cunha duración de 18 horas.

Datas e horario:

do 28 de setembro ao 2 de outubro de 2020


Horario de impartición: de 16:00 a 20:00
(o día 2 de outubro será de 16:00 a 18:00)

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal