A oferta formativa de ensinanzas regradas do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo inclúe, a partir do curso 2020-2021, o Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría no réxime de persoas adultas na modalidade a distancia.

Con esta guía informativa do Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría poñemos á vosa disposición toda a información para aquelas persoas que estean interesadas en cursar dito ciclo formativo de Formación Profesional.

Podedes atopar máis información sobre o proceso de admisión a ciclos formativos na web da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional