Ola amig@s,

Chega o día de San Cidre que é un día moi especial sempre nesta escola. Ese día compartimos as nosas experiencias e vivencias, as boas e as malas, pero sempre con humor e alegría. Antig@s alumn@s e nov@s, docentes e non docentes, colaboradores…, en definitiva todas aquelas persoas que dalgún xeito están relacionadas coa Escola.

Este ano non ía ser diferente, non imos deixar que o bicho nos impida xuntarnos. Eso si, teremos que botarlle un pouco de imaxinación, así que propoñemos que esta páxina sexa o noso campo da festa virtual.

Iremos colgando nela as fotos e vídeos (curtiños, por favor) que nos fagades chegar e así nos vemos, e falamos, e cantamos…

E xa veredes, o San Cidre 2021 vai ser boa…


A peza chámase “Entre o millo”