Pequeno taller práctico no CFEA de Guísamo “Aproveitamentos da horta – Cacheadura manual das patacas de cedo”

  • Pataca “Fina de Carballo”
  • Cultivo ecolóxico ao ar libre
  • Técnicas de produción
  • Ferramentas necesarias
  • Cata e degustación

Xoves, 13 de xuño 11:30 a 13:00 horas

Asistencia libre

No transcurso da mañá adicada ó cacheado da pataca de cedo, celebrado no CFEA de Guísamo, fixemos as seguintes  actividades:

  • Pequena exposición sobre a importancia do cultivo da pataca en Galicia, cultivo dunha repercusión socio económica das máis importantes o longo da historia agraria galega.
  • Repasamos as técnicas principais de produción da pataca de cedo, como un cultivo de grande interese, para o autoconsumo con venda de excedentes nas feiras locais.
  • As  posibilidades de adaptación de dito cultivo para a producción ecolóxica, dadas as características de  fora de estación, así como o consumo de » primor » colleitadas antes da súa completa maduración.
  •  Características agronómicas da pataca autóctona galega «Fina de Carballo», importancia da súa conservación, destacando os seus valores a través do tempo, chegando ós nosos dias como unha caste de grande valor culinario.
  • Fíxose unha cata de degustación para ver ditas características culinarias, para ver o seu comportamento en cocido e frito, así como ver as diferencias da pataca nova comparativamente con pataca conservada da campaña anterior.
  • Destacamos igualmente a importancia do coñecemento dos cultivos para a súa defensa e conservación, vendo o estratéxico que é a realización de actos donde se une a producción agraria coa gastronomía.

Continuaremos traballando pola defensa dos cultivos e sistemas agrarios galegos sostibles.