Ciclo formativo de Grao Medio de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.
MÓDULOS | |
1º curso | 2º curso |
Fundamentos agronómicos. Taller e equipamentos de tracción. Infraestruturas e instalacións agrícolas. Principios de sanidade vexetal. Implantación de xardíns e zonas verdes. Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro. Formación e orientación laboral. | Control fitosanitario. Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes. Composicións florais e con plantas. Establecementos de floraría. Técnicas de venda en xardinaría e floraría. Empresa e iniciativa emprendedora. Formación en centros de traballo (FCT). |
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN: Técnico/a en Xardinaría e Floraría
SAÍDAS PROFESIONAIS
Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.
Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.
Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.