Dentro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización dun taller práctico de INSTALACIÓN E MANEXO DA REGA. AUTOMATISMOS E ACTUALIZACIÓN E OPTIMIZACIÓN DE INSTALACIÓNS, cunha duración de 10 horas.

Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2019

Horario: de 16:00 a 20:00 (29 – 30 de outubro) e de 12:30 a 14:30 (31 de outubro)

Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

Lg, Bos, 14 (Estrada N-VI, Km. 581) – Guísamo (Bergondo)

Para acudir a esta actividade débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal